Innovación
Aplicada á saúde
e á prevención
Innovación
Aplicada á saúde
e á prevención
En Mutua Universal, a innovación tecnolóxica é sinónimo de atención aplicada á saúde e ao benestar das persoas; aposta esta que lle permitiu á entidade dar en todo momento e en calquera lugar unha resposta áxil, eficiente e flexible ás diferentes necesidades das súas empresas asociadas e persoas traballadoras protexidas e adheridas, tanto na mellora dos servizos coma no acceso á información, á tramitación e ao asesoramento.
Novas tecnoloxías aplicadas á saúde
EVOLUCIÓN CONTINUA DA TELEMEDICINA
A entidade incorpora constantemente solucións tecnolóxicas co obxectivo de facer evolucionar o seu avanzado sistema de telemedicina implantado en todos os centros asistenciais.
Desta maneira, Mutua Universal garante o acceso á medicina especializada do conxunto da súa poboación protexida e adherida, independentemente da súa localización, e contribúe a mellorar a eficiencia, a calidade e a seguridade dos procesos.
REALIDADE VIRTUAL APLICADA Á SAÚDE MENTAL
Mediante a aplicación da realidade virtual na avaliación e o tratamento psicolóxico, Mutua Universal é capaz de tratar os trastornos de estrés postraumático causados por accidentes laborais que poden interferir no traballo cotián e na calidade de vida das persoas traballadoras.
TÉCNICAS APLICADAS Á REHABILITACIÓN
Telerrehabilitación
Durante o ano 2022, Mutua Universal iniciou un estudo piloto de telerrehabilitación para o tratamento de patoloxías de ombro, cervicais, lumbares e de nocello.
Diatermia terapéutica
Técnica de rehabilitación que utiliza campos magnéticos ou eléctricos que contribúen á relaxación dos músculos e alivian a sensación de dor.
Cinta rodante antigravidade Alter G
Ferramenta médica que permite o control total do peso corporal soportado polas pernas mediante o uso de aire nunha cámara de presión controlada que levanta suavemente o/a paciente.
En lesións onde a estabilidade e o equilibrio se ven comprometidos, esta ferramenta ofrécelle á persoa tratada unha alta sensación de seguridade, e isto repercute na redución do risco de recaída.
TÉCNICAS APLICADAS Á BIOMECÁNICA
Laboratorio de biomecánica
Servizo para a valoración funcional na avaliación da incapacidade laboral en procesos de dor musculoesquelética.
Permite monitorizar a evolución funcional da rexión danada durante o seguimento do proceso de rehabilitación. Ademais, é unha proba obxectiva para determinar de maneira fidedigna o estancamento ou a recuperación funcional da rexión danada.
Proxecto Lynx
Ferramenta para a medida obxectiva da mobilidade e a forza en articulacións que lle facilita ao colectivo asistencial unha maior axilidade no diagnóstico, proporcionando así unha maior calidade asistencial para a poboación protexida de Mutua Universal.
SEGUIMENTO E VALORACIÓN DO/A PACIENTE
Termografía
Uso da termografía nos procesos de traumatoloxía laboral.
Esta técnica permite, mediante cámaras térmicas, captar a temperatura das zonas corporais danadas, o que serve de axuda para o diagnóstico e o tratamento e seguimento de lesións ou patoloxías.
Ecografía
Implantación do uso da ecografía nos centros asistenciais, ferramenta que permite identificar diferentes tipos de lesións, como inflamacións, roturas e traumatismos.
No ámbito laboral, a ecografía destaca polo seu uso nas patoloxías do ombro, na valoración da articulación do cóbado e a musculatura asociada, no estudo do pulso e as súas principais patoloxías e na valoración do xeonllo, o nocello e o pé.
Innovación aplicada á prevención
LABORATORIO DE ERGONOMÍA
Situado no centro de Mutua Universal en Navarra, o laboratorio de ergonomía da entidade ofrece un servizo de referencia e diferencial, pioneiro en España, na prevención de lesións e baixas repetitivas de longa duración mediante a procura de solucións a problemas musculoesqueléticos que afectan o ámbito laboral
EMPRESAS ASESORADAS POLO LABORATORIO
DE ERGONOMÍA EN 2022 POR SECTOR DE ACTIVIDADE
REALIDADE VIRTUAL APLICADA
Á REDUCIÓN DO ESTRÉS
EntrenaTuRelax
Experiencia inmersiva que utiliza a realidade virtual ao servizo da prevención de riscos laborais para reforzar a xestión dos riscos psicosociais nas empresas.
A través desta tecnoloxía, as persoas traballadoras poden adestrar habilidades, competencias e destrezas para o control efectivo do estrés, sensibilizando así sobre a importancia de xestionar os riscos de natureza psicosocial como alicerce básico para promocionar e crear un estilo de vida saudable.
PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN
Mutua Universal desenvolveu un Programa para a promoción do capital psicolóxico (PsyCap, polas súas siglas en inglés) co obxectivo de proporcionarlles ás empresas asociadas e ás súas traballadoras e traballadores boas prácticas e recursos para identificar o nivel de capital psicolóxico das persoas e previr a deterioración da saúde mental.
A adopción deste proxecto permítelles ás empresas asociadas:
BENESTAR UNIVERSAL
Programa para o apoio á prevención e á promoción da saúde que permite xestionar a saúde e o benestar das persoas traballadoras, así coma a sustentabilidade das empresas asociadas.
Este programa, dispoñible a través dunha plataforma web, adáptase ás necesidades, características, obxectivos e nivel de desenvolvemento ou alcance de cada empresa asociada.
APPS DE PREVENCIÓN
PREMIOS INNOVACIÓN E SAÚDE: RECOÑECEMENTO Á INNOVACIÓN APLICADA Á MELLORA DA SAÚDE E DA CALIDADE DE VIDA
En novembro de 2022 celebrouse a cerimonia de entrega de galardóns da sétima edición destes premios que, creados en 2015, teñen como obxectivo distinguir e difundir o labor daquelas empresas asociadas a Mutua Universal altamente comprometidas coa promoción da saúde que leven a cabo proxectos ou accións innovadoras pensadas para mellorar a calidade de vida das súas persoas traballadoras.
O evento contou cun relatorio a cargo do profesor Mateo Valero, fundador e director do Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS), e do profesor Alfonso Valencia, director do Departamento de Ciencias da Vida do BSC-CNS e profesor de ICREA Research.