Xestión íntegra e eficiente
Co foco posto nas persoas, a entidade aposta pola transformación, os servizos dixitais e o traballo colaborativo
Xestión íntegra e eficiente
Co foco posto nas persoas, a entidade aposta pola transformación, os servizos dixitais e o traballo colaborativo
Aposta pola transformación dixital
Durante o exercicio 2022, Mutua Universal seguiu avanzando na súa transformación dixital, aliñada coa estratexia da entidade, para impulsar numerosas iniciativas centradas en catro dimensións: o empoderamento dos diferentes grupos de interese, a eficiencia, a innovación e a cultura corporativa.
Desta maneira, Mutua Universal fixo evolucionar os seus modelos de xestión e de traballo cara a modelos híbridos que combinan presencialidade e non presencialidade.
No ámbito da xestión, a entidade puxo en marcha un sistema de tramitación electrónica de prestacións seguro, áxil e sinxelo, e seguiu traballando na automatización de procesos e na mellora das funcionalidades das Zonas Privadas.
Interlocución única
Mutua Universal ofrece a figura da persoa interlocutora única, entendida como a persoa profesional de referencia que acompaña o usuario ou usuaria en todo momento durante a súa relación coa entidade, atendendo as súas solicitudes e consultas para darlle a resposta máis rápida e axeitada en cada situación.
Automatización de procesos
Mutua Universal aplica a tecnoloxía Robotic Process Automation (RPA), un innovador software que permite automatizar tarefas de baixo valor engadido para reducir ou eliminar cargas de traballo das persoas traballadoras en procesos repetitivos que se realizan dentro da entidade.
Beneficios
INDICADORES DE EVOLUCIÓN NA APLICACIÓN DA TECNOLOXÍA ROBOTIC PROCESS AUTOMATION (RPA) (RPA)
Tramitación e xestión electrónica integral
Co obxectivo de ser máis eficiente na xestión, así como de empoderar a poboación protexida, Mutua Universal ofrece un servizo de tramitación electrónica áxil, sinxelo e seguro que facilita as xestións entre a entidade e o seu público obxectivo.
Baseado en conceptos como a trazabilidade, a axilidade e a seguridade, o sistema de tramitación electrónica de Mutua Universal, integrado na Zona Privada, presenta os seguintes beneficios:
Novas funcionalidades
nas Zonas Privadas
Zona Privada Paciente
- Novo apartado “Informes e resultados” que dá acceso a todos os informes sanitarios de paciente. Así, as persoas usuarias poderán consultar e descargar, nun mesmo lugar, tanto os seus informes médicos coma os informes de resultados das súas probas.
- Nova funcionalidade que permite consultar e descargar os certificados de retencións de IRPF para aquelas persoas que sexan beneficiarias de prestacións económicas en Mutua Universal.
- Versión renovada da Zona Privada Paciente cun deseño máis personalizado, unha interface máis intuitiva e amigable e unha navegación máis sinxela.
Que podes facer na Zona Privada Paciente?
- Acceder comodamente ao teu historial médico completo: visualizar as túas citas médicas e probas programadas, así como consultar as túas prestacións económicas de forma segura e confidencial.
- Consultar e solicitar un cambio de cita médica de forma simple, sen esperas nin desprazamentos ao centro.
- Consultar o teu equipo asistencial desde calquera lugar e en calquera momento do proceso (eConsulta).
- Ver o detalle das túas prestacións económicas percibidas, así coma a data e o importe das que tes en curso.
- Recibir todas as novidades, o estado das túas solicitudes e as próximas citas médicas.
Zona Privada Empresa
A Zona Privada Empresa de Mutua Universal é un servizo web que pon a disposición das empresas asociadas, persoas traballadoras autónomas e asesorías colaboradoras a posibilidade de tramitar prestacións, realizar o seguimento dos procesos de baixa, consultar información para reducir a sinistralidade ou solicitar caixas de primeiros auxilios, entre outros servizos..
- A Zona Privada Empresa conta cunha nova funcionalidade que permite consultar e descargar os certificados de retencións de IRPF daquelas persoas que sexan beneficiarias de prestacións económicas en Mutua Universal.
- Ademais, dispón do “Observatorio Empresa”, unha ferramenta que analiza os indicadores de absentismo e de sinistralidade a través dun cadro de mando interactivo que axuda na xestión e na toma de decisións de Recursos Humanos e de prevención de riscos laborais.
Zona Privada para empresas provedoras sanitarias
O lanzamento da Zona Privada para provedores ou provedoras de servizos sanitarios de Mutua Universal é un bo exemplo das vantaxes de centralizar todas as xestións nunha única plataforma.
Este espazo permítelles ás empresas provedoras realizar todos os trámites relacionados con pedidos, informes e facturas.