A nosa esencia
O propósito, a misión, a visión e os valores da entidade guiaron en 2022 o desenvolvemento do Plan Estratéxico 21-24
A nosa esencia
O propósito, a misión, a visión e os valores da entidade guiaron en 2022 o desenvolvemento do Plan Estratéxico 21-24
PROPÓSITO
Sermos socialmente responsables e contribuír á sustentabilidade do estado do benestar.
MISIÓN
Velarmos pola saúde e o benestar das nosas empresas mutualistas, xestionando os servizos e as prestacións con rigorosidade e excelencia, comprometidos coa sociedade e a sustentabilidade do sistema.
VISIÓN
Lograrmos a excelencia baseándonos nas nosas persoas, a innovación e a orientación a mutualistas.
VALORES
• Calidade
• Profesionalidade
• Eficiencia
• Integridade
Proposta de valor
Plan Estratéxico 21-24
A Mutua das persoas. Colaboramos innovando.
Os catro alicerces
estratéxicos do plan
Medicina personalizada e proposta integral de valor a mutualistas
Modelo asistencial baseado na humanización e na personalización, que fomenta a innovación tecnolóxica e impulsa o desenvolvemento do colectivo asistencial para poder situar a Mutua Universal como entidade experta en saúde integral ante os/as mutualistas.
Cultura centrada nas persoas
Continuar desenvolvendo o modelo de cultura corporativa baseado en tres alicerces (sentido de pertenza, vocación de servizo e innovación), implantando medidas para facilitar a evolución cara a unha cultura centrada nas persoas.
Axentes do sistema de saúde e de seguridade social
Impulsar a notoriedade e o valor de Mutua Universal ante os diferentes grupos de interese, con foco en aspectos diferenciais coma a transparencia e o bo goberno, a sustentabilidade e o feito de sermos unha.
Aceleración da transformación dixital
Impulsar a relación dixital cos nosos grupos de interese; en especial, con persoas traballadoras protexidas e adheridas, mutualistas e asesorías colaboradoras para dispoñer de procesos clave de negocio automatizados, eficientes, colaborativos e centrados nos usuarios e usuarias.