Innovación

Aplicada á saúde
e á prevención

Innovación

Aplicada á saúde
e á prevención

En Mutua Universal, a innovación tecnolóxica é sinónimo de atención aplicada á saúde e ao benestar das persoas; aposta esta que lle permitiu á entidade dar en todo momento e en calquera lugar unha resposta áxil, eficiente e flexible ás diferentes necesidades das súas empresas asociadas e persoas traballadoras protexidas e adheridas, tanto na mellora dos servizos coma no acceso á información, á tramitación e ao asesoramento.

Novas tecnoloxías aplicadas á saúde

EVOLUCIÓN CONTINUA DA TELEMEDICINA

A entidade incorpora constantemente solucións tecnolóxicas co obxectivo de facer evolucionar o seu avanzado sistema de telemedicina implantado en todos os centros asistenciais.

Desta maneira, Mutua Universal garante o acceso á medicina especializada do conxunto da súa poboación protexida e adherida, independentemente da súa localización, e contribúe a mellorar a eficiencia, a calidade e a seguridade dos procesos.

REALIDADE VIRTUAL APLICADA Á SAÚDE MENTAL

Mediante a aplicación da realidade virtual na avaliación e o tratamento psicolóxico, Mutua Universal é capaz de tratar os trastornos de estrés postraumático causados por accidentes laborais que poden interferir no traballo cotián e na calidade de vida das persoas traballadoras.

TÉCNICAS APLICADAS Á REHABILITACIÓN
Telerrehabilitación

Durante o ano 2022, Mutua Universal iniciou un estudo piloto de telerrehabilitación para o tratamento de patoloxías de ombro, cervicais, lumbares e de nocello.

Diatermia terapéutica

Técnica de rehabilitación que utiliza campos magnéticos ou eléctricos que contribúen á relaxación dos músculos e alivian a sensación de dor.

Cinta rodante antigravidade Alter G

Ferramenta médica que permite o control total do peso corporal soportado polas pernas mediante o uso de aire nunha cámara de presión controlada que levanta suavemente o/a paciente.

En lesións onde a estabilidade e o equilibrio se ven comprometidos, esta ferramenta ofrécelle á persoa tratada unha alta sensación de seguridade, e isto repercute na redución do risco de recaída.

TÉCNICAS APLICADAS Á BIOMECÁNICA
Laboratorio de biomecánica

Servizo para a valoración funcional na avaliación da incapacidade laboral en procesos de dor musculoesquelética.

Permite monitorizar a evolución funcional da rexión danada durante o seguimento do proceso de rehabilitación. Ademais, é unha proba obxectiva para determinar de maneira fidedigna o estancamento ou a recuperación funcional da rexión danada.

Proxecto Lynx

Ferramenta para a medida obxectiva da mobilidade e a forza en articulacións que lle facilita ao colectivo asistencial unha maior axilidade no diagnóstico, proporcionando así unha maior calidade asistencial para a poboación protexida de Mutua Universal.

SEGUIMENTO E VALORACIÓN DO/A PACIENTE
Termografía

Uso da termografía nos procesos de traumatoloxía laboral.
Esta técnica permite, mediante cámaras térmicas, captar a temperatura das zonas corporais danadas, o que serve de axuda para o diagnóstico e o tratamento e seguimento de lesións ou patoloxías.

Ecografía

Implantación do uso da ecografía nos centros asistenciais, ferramenta que permite identificar diferentes tipos de lesións, como inflamacións, roturas e traumatismos.

No ámbito laboral, a ecografía destaca polo seu uso nas patoloxías do ombro, na valoración da articulación do cóbado e a musculatura asociada, no estudo do pulso e as súas principais patoloxías e na valoración do xeonllo, o nocello e o pé.

Innovación aplicada á prevención

LABORATORIO DE ERGONOMÍA

Situado no centro de Mutua Universal en Navarra, o laboratorio de ergonomía da entidade ofrece un servizo de referencia e diferencial, pioneiro en España, na prevención de lesións e baixas repetitivas de longa duración mediante a procura de solucións a problemas musculoesqueléticos que afectan o ámbito laboral

EMPRESAS ASESORADAS POLO LABORATORIO
DE ERGONOMÍA EN 2022 POR SECTOR DE ACTIVIDADE

 

0%
industria da automoción
0%
servizos
0%
industria da alimentación
0%
loxística
0%
outras industrias
REALIDADE VIRTUAL APLICADA
Á REDUCIÓN DO ESTRÉS

EntrenaTuRelax

Experiencia inmersiva que utiliza a realidade virtual ao servizo da prevención de riscos laborais para reforzar a xestión dos riscos psicosociais nas empresas.

A través desta tecnoloxía, as persoas traballadoras poden adestrar habilidades, competencias e destrezas para o control efectivo do estrés, sensibilizando así sobre a importancia de xestionar os riscos de natureza psicosocial como alicerce básico para promocionar e crear un estilo de vida saudable.

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN

Mutua Universal desenvolveu un Programa para a promoción do capital psicolóxico (PsyCap, polas súas siglas en inglés) co obxectivo de proporcionarlles ás empresas asociadas e ás súas traballadoras e traballadores boas prácticas e recursos para identificar o nivel de capital psicolóxico das persoas e previr a deterioración da saúde mental.

A adopción deste proxecto permítelles ás empresas asociadas:
  • Coñecer o significado e o nivel do capital psicolóxico para a xestión do benestar psicosocial.

  • Dispoñer dun instrumento para a súa medición que facilite a información e a análise posterior do contexto, orientando así a toma de decisións e a priorización de accións e prácticas organizativas.

  • Acompañar e estar preto das persoas.

  • Avaliar no tempo o impacto derivado das accións aplicadas.

BENESTAR UNIVERSAL
Programa para o apoio á prevención e á promoción da saúde que permite xestionar a saúde e o benestar das persoas traballadoras, así coma a sustentabilidade das empresas asociadas.

Este programa, dispoñible a través dunha plataforma web, adáptase ás necesidades, características, obxectivos e nivel de desenvolvemento ou alcance de cada empresa asociada.

APPS DE PREVENCIÓN

Sudoku Buenos Hábitos

Aprende hábitos saudables a través da gamificación.

Sudoku EPIS

Coñece os equipos de protección individual.

Sudoku Cancerígenos

Aprende a identificar os principais axentes canceríxenos.

Coida a túa voz

Exercicios para previr os trastornos da voz.

App Pretarefa

Control previo á realización de traballos para verificar as medidas de prevención de riscos laborais.

PREMIOS INNOVACIÓN E SAÚDE: RECOÑECEMENTO Á INNOVACIÓN APLICADA Á MELLORA DA SAÚDE E DA CALIDADE DE VIDA
En novembro de 2022 celebrouse a cerimonia de entrega de galardóns da sétima edición destes premios que, creados en 2015, teñen como obxectivo distinguir e difundir o labor daquelas empresas asociadas a Mutua Universal altamente comprometidas coa promoción da saúde que leven a cabo proxectos ou accións innovadoras pensadas para mellorar a calidade de vida das súas persoas traballadoras.

O evento contou cun relatorio a cargo do profesor Mateo Valero, fundador e director do Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS), e do profesor Alfonso Valencia, director do Departamento de Ciencias da Vida do BSC-CNS e profesor de ICREA Research.