Presidente
Publicado el: 03/04/2017

Como sucede ano tras ano, o exercicio anterior queda xa moi lonxe, máxime este 2015 que se despediu en España cunhas eleccións xerais o 21 de decembro, que resultaron infrutuosas e cun primeiro semestre do 2016 trepidante, co referendo que aproba a desconexión do Reino Unido da Unión Europea e coas novas eleccións xerais do 26 de xuño, que poden ter cortado o paso a un goberno de extrema esquerda en España. Correuse o risco, aínda non totalmente superado e a mercé da sensatez pactista dos políticos, de ser España o primeiro país do mundo que accedese a un comunismo de novo cuño polo camiño da democracia.

A sístole e a diástole dos nosos corazóns políticos non deberían poder dar lugar aos colapsos. De aí e por tantas razóns a responsabilidade colectiva. Unha sociedade avanzada e con tantos logros como a nosa, non debería arriscar o seu propio modelo e o substrato dunha civilización milenaria chea, ata a medula dos ósos como chegou a dicir de España, no seu día, un home do socialismo que se chamou Indalecio Prieto.

España foi e volve a ser un borrador inseguro.

Díxose desde sempre, que cómpre descubrir a teleoloxía, o porqué das cousas. Custounos tempo e tempo constituír unha clase media que é o mollo sinovial do noso corpo social. E esta clase, con alegría dos antisistema que queren vela proletarizada e convertela en clientelar, foi maltratada precisamente porque non adoita ser perigosa e é facilmente identificable, mesmo nas súas obrigas tributarias.

Outra vez xurdiu a cantilena do público e do privado e non por razóns de eficacia e eficiencia, senón de ideoloxía. Parece ser inútil a experiencia e continúanse mantendo os dogmas, tamén en política económica, fronte a unha realidade demoledora, que supoñen a asociación empresarial voluntaria ao mutualismo e ás súas favorables consecuencias.

Así, no 2015 as nosas Mutuas achegaron ao Tesouro Público 887 millóns de Euros, asumindo novos cometidos e proteccións e apoiando cos seus aforros o imprescindible pagamento das pensións de xubilación.

As instalacións asistenciais e hospitalarias das nosas Mutuas merecen visitarse. Os tratamentos dispensados, cos medios máis modernos, cos seus profesionais entregados, cos resultados obtidos, e fronte a esta realidade que vén desde hai máis de 100 anos, con 20 institucións que cobren a totalidade do territorio nacional, érguense as voces do igualitarismo xacobino.

A Lei de Mutuas entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2015, pendente do seu desenvolvemento regulamentario. A Lei quedou curta nalgúns difíciles aspectos segundo os que sabiamos que o absentismo, mitigado pola crise económica, precisaba de medidas eficaces e xustas, para que non volvese a obstinarse como así foi. Non se trata nada máis que de dar a cada un o seu.

Convén proclamar o rol das nosas Mutuas, tan e tan ignorado. A asociación voluntaria das empresas ás Mutuas acada no 2015 e nos seus diversos sectores:

· Continxencias profesionais: 1.439.577 empresas asociadas / 3% incremento 2015 / 98,37% cota de mercado.

· Continxencias comúns: 1.210.787 empresas asociadas / 3,75% incremento 2015 / 83,11% cota de mercado.

Mutua Universal, continúa a súa andaina extraordinariamente favorable como pode deducirse do audiovisual e da Memoria.

O resultado do exercicio permitiu manter uns óptimos índices de liquidez e de solvencia, favorecendo a autonomía financeira da Entidade. Tanto o patrimonio neto (433,99 millóns de euros), que supón o 81,27% do pasivo, como as contas financeiras (324,61 millóns de euros), que representan o 60,79% do activo, son paradigmas da liquidez e solvencia da organización.

Volvendo aos nosos maiores ámbitos, proclamamos que España é o noso gran marco de actuación e non desexamos que se reduza. Na saída da súa crise, a crise mundial, está sendo un exemplo, aínda que sempre nos parece insuficiente e lento.

Publicado el: 03/04/2017

É meritorio o desenvolvemento das actividades mutualistas que con exemplaridade configuraron algo así como unha Mutua Universal tradicional e nova. O seu Director Xerente, o equipo directivo nos seus varios niveis e os seus empregados, son exemplo de dedicación e de éxito.

Publicado el: 03/04/2017

Mais é innegable que o crecemento do PIB foi do 3,2% o maior desde 2007, dobrando a media da zona euro.

O consumo privado, do 3%, é o maior desde 2006. O crecemento económico supuxo un índice de creación de emprego do 3,2 %, acadando os 17 millóns de afiliados á Seguridade Social, pero segue elevada a taxa de desemprego, que afecta, de iure, a case cinco millóns de persoas con maior incidencia xuvenil. Os cambios tecnolóxicos e de calquera índole, a súa velocidade e profundidade, obrigan a medidas inéditas nas cales todos participemos e nos comprometamos perante a crecente condición estrutural do desemprego. Non se pode descoñecer o incremento do sector servizos e a caída tan acusada da construción. O turismo, 68,1 millóns de visitantes, cun 4,9 % de aumento, é o sector que máis medra da nosa economía. O PIB turístico avanzou un 3,7 %, e contribuíu con medio punto ao crecemento do PIB total, e rexistrou 124.000 millóns de euros.

Pero como todo está ligado e condicionado a todo neste mundo globalizado, unha referencia ao Brexit parece ineludible. Previamente sempre nos pareceron os referendos como un fracaso e un disimulo da verdadeira democracia. Os referendos adoitaban ser formas sutís do autoritarismo e agora sono tamén do asembleísmo.

Adoitábanse convocar coa seguridade de gañalos ou sobre temas frívolos e pouco importaba quen os gañase.

Mais o señor Cameron convócaos sobre temas trascendentais, que afectan non soamente aos seus votantes, senón a todo o mundo e a maiores pérdeos. Os ingleses poderán castigalo, pero e o resto dos prexudicados?

Despois do problema, a busca de modelos de encaixe é máis difícil. Fórmula Suíza, Noruega, Canadense. Pero non é o mesmo aplicar unha fórmula con quen non estivo nunca na U.E., que con quen se foi dando un golpe coa porta. Continuar, con tratados, como se non tivesen marchado, poderá ser ambición do que se foi, pero non pode satisfacer a quen se ficou.

Ao final desta carta as cousas máis íntimas.

Non é descoñecida a circunstancia excepcional que afecta a Mutua Universal desde o 1 de agosto de 2007 e que discorre polas canles legais pertinentes. Por iso é máis obrigado e meritorio o desenvolvemento das súas actividades mutualistas que con exemplaridade configuraron algo así como unha Mutua tradicional e nova. O seu Director Xerente, o equipo directivo nos seus varios niveis, os seus empregados, son exemplo de dedicación e de éxito. A satisfactoria pertenza a AMAT, a súa relación coas outras mutuas e coas administracións públicas, singularmente coa Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social poden cualificarse de exemplares.

En Mutua Universal existen tamén organismos discretos que realizan traballos imprescindibles e importantes. Así as Comisiones de Control e Seguimento e de Prestacións Especiais, exemplos de funcionamento leal e paritario.

Por último, quero dicirlles con voz queda aos que constitúen case incomprensiblemente a Xunta Directiva, aos meus compañeiros, que non lles podo dar as grazas tan ostensiblemente como se merecen, para non se decataren do seu espírito aventureiro e do seu altruísmo desmedido.

Moitas grazas a todos.

Publicado el: 02/05/2017

En 2015, as mutuas contribuíron ao Tesouro Público 887 millóns de euros, asumendo novos cometidos e proteccións e apoiando cos seus aforros o imprescindible pagamento das pensións de xubilación.