A nosa razón de ser
A nosa razón de ser
Desde os principios de universalidade, excelencia, innovación e proximidade, a vocación de Mutua Universal é velar pola saúde dos traballadores e o seu medio, así como contribuír á mellora da produtividade das empresas. Para acadar estes obxectivos, a entidade desenvolve tres grandes ámbitos de actuación: previr, curar e xestionar.
Previr
Para mellorar a saúde e calidade de vida dos traballadores e contribuír á mellora da produtividade, Mutua Universal aposta pola xestión axeitada da prevención e o desenvolvemento dun modelo de “empresa saudable”.
xornadas de orientación
técnica e relatorios
programas de redución
de sinistralidade
empresas asesoradas en materia de
prevención de riscos laborais
Aplicacións móbiles de prevención
En 2018 iniciouse un programa de lanzamento de novas aplicacións (app) de prevención, que ofrecen consellos prácticos ante determinadas situacións e riscos.
Exoesqueletos
Mutua Universal desenvolveu un servizo de asesoramento técnico para a implantación xustificada e metodolóxica de dispositivos de asistencia (“exoesqueletos”) no posto de traballo.
CASO DE ÉXITO
“Os principais beneficios dos exoesqueletos son previr esforzos excesivos, protexer as zonas corporais máis susceptibles a lesionarse e reducir a fatiga ao cabo da xornada. É
unha solución paliativa e só se deben usar naqueles casos en que non sexa viable modificar o posto de traballo.”
Ana Elvira Planas
Responsable do Laboratorio de Ergonomía
Curar
O noso modelo de saúde integral baséase na atención de calidade por parte do persoal interno para conseguir a máxima satisfacción entre os mutualistas.
visitas
sesións de rehabilitación
ingresos hospitalarios
Mellora continua da rede asistencial
Mutua Universal, co obxectivo de estender o mellor servizo ao conxunto do territorio, investiu 4,4 millóns de euros en melloras da rede asistencial, con actuacións que incorporan as últimas tecnoloxías en rehabilitación e servizos innovadores en asistencia sanitaria.
destinados a reformas e mantemento
destinados a novos investimentos
Realidad Virtual
Mutua Universal puxo en funcionamento en 2017 o servizo de realidade virtual para o tratamento de fobias causadas por accidentes laborais. Este sistema, sempre conducido por un terapeuta que dá soporte durante todo o proceso, permite simular as situacións que provocan tensión no traballador nun medio controlado.
Sesións de realidade virtual en 2018
Clínica Online
O servizo de telemedicina de Mutua Universal incorporou en 2018 as análises de biomecánica, que valoran o dano corporal mediante instrumentos de tecnoloxía avanzada.
centros conectados
Máis de
Máis de
consultas en 2018
CASO DE ÉXITO
“A vantaxe de incorporar a biomecánica á Clínica en liña é acceder a aqueles lugares onde non se pode realizar este tipo de tratamento de forma directa, evitando o desprazamento do paciente e, con iso, os custos que se derivan tanto a nivel persoal como económico.”
Ana Perreau
Médico rehabilitadora
Xestionar
Mutua Universal adáptase ás necesidades dos seus mutualistas e dunha sociedade en constante evolución. Por iso, desenvolve solucións innovadoras propias que permiten realizar calquera trámite de xeito sinxelo e rápido, así como axudar á xestión da saúde da empresa.
Bonus Prevención
É unha ferramenta áxil e intuitiva, que automatiza todos os procesos e promove o traballo conxunto entre Mutua Universal e as empresas
estudos de sinistralidade emitidos
expedientes de solicitude tramitados
euros aboados
Observatorio Empresa
Creado coa última tecnoloxía e dispoñible desde calquera dispositivo, o Observatorio Empresa ten como obxectivo ofrecer información actualizada para facilitar a toma de decisións aos responsables dos recursos humanos.
solicitudes xestionadas na campaña 2018
Zona Privada Paciente: incorporación de eConsulta
A Zona Privada Paciente é un espazo en liña que facilita as xestións entre Mutua Universal e o traballador, evitando desprazamentos innecesarios e axilizando a comunicación.
usuarios con acceso
páxinas vistas
Zona Privada INSS
A Zona Privada INSS é un espazo colaborador de acceso telemático que permite que os inspectores médicos do Instituto Nacional da Seguridade Social poidan consultar as historias clínicas dos traballadores protexidos pola entidade.