
"Existe unha preocupación crecente no ámbito mutualistico polo custo do absentismo"
Juan Echevarria Puig
Presidente de Mutua Universal
"Existe unha preocupación crecente no ámbito mutualistico polo custo do absentismo"
Juan Echevarria Puig
Presidente de Mutua Universal
Todo sistema, neste caso o mutualismo e máis en concreto a nosa mutua, desenvólvese sempre dentro dun marco e nunhas circunstancias determinadas. O marco e as circunstancias deste 2016 foron excepcionais pola profusión de acontecementos políticos en España e no mundo, a evolución da economía partindo dunha das maiores crises históricas e o recrudecemento dun terrorismo sen fronteiras que ten á súa vez en cada nación, raíces profundas e imprecisas. Un terrorismo internacional, con executores nacionais e potencialmente incalculables en número e dificilmente identificables.
España viviu politicamente durante 40 anos sen grandes convulsións. A Lei da Reforma Política do 18 de novembro de 1976 aprobada masivamente en Referendo o 15 de decembro de 1976 (con 94% votos a favor) deu paso a unhas primeiras eleccións xerais e a unha Constitución aprobada tamén masivamente o 6 de decembro de 1978.
E con estes vimbios, algúns tortos e ambiguos do Texto Constitucional e que agora se manifestan na crise secesionista, os dos grandes partidos nacionais, o conservador e o socialista, a falta dun gran pacto constitucional, gobernaron alternativamente co apoio repetido en especial dos denominados partidos nacionalistas. Estes apoios acadados por necesidade ou conveniencia parlamentaria, tiveron un alcance transcendente ao seren recompensados, a través das respectivas autonomías e amparados nos Arts. 148, 149 e 150.2 da Constitución. O resultado, moitas veces por darlles uns e admitirlles outros, un alcance maior alén do puramente constitucional, supuxo unha progresiva perda da soberanía do Estado, como representación xurídica de todo o pobo español, da conciencia de nación española e da verdadeira igualdade entre os españois.
No ámbito político nacional, foron necesarias dúas eleccións xerais, decembro 2015 e xuño 2016, e o transcurso de 315 días de goberno en funcións, para a formación o 29 de outubro 2016 dun goberno minoritario do Partido Popular, con apoios directos e abstencións. Antes, declinación de investidura, fracaso do PSOE ao intentar lograla e outras dúas antes de conseguila por parte do Presidente Rajoy.
Paralelamente, nos ámbitos das Comunidades Autónomas o 9 de xaneiro veto e cesamento do Presidente de Goberno da Generalitat de Cataluña e o 25 de setembro, eleccións en Galicia con vitoria por maioría absoluta do Partido Popular e no País Vasco con vitoria do Partido Nacionalista Vasco.
Entre tanto, como feito a sinalar, o 1 de agosto, a suspensión por unanimidade do Tribunal Constitucional da resolución do Parlament de Cataluña da ruta cara á independencia.
No ámbito internacional, o 23 de xuño o Reino Unido aproba o Brexit, polo que se dispón ao abandono da Unión Europea, coa dimisión do Primeiro ministro e o 13 de xullo Theresa May substitúeo.
Nos EEUU o candidato republicano Donald Trump é escollido Presidente o 8 de Novembro, cun programa económico proteccionista, con redución de impostos, investimentos masivos e un certo distanciamento de Europa nos seus acordos de defensa.
E a todos estes acontecementos, como se fose por libre, a economía sobreponse, aínda que esa evidencia se cuestione e aínda se negue por sectarismo ideolóxico, ignorando que as economías, a española, ten cimentado a súa evolución favorable non na casualidade, senón no cumprimento das condicións necesarias ao efecto, como son:
A estas condicións responde así a economía española:
Crecemento do PIB
3,2% 2015 e 2016
2,8% previsión 2017
O crecemento harmónico prodúcese, e aínda que o propio do turismo se axiganta ata o 11% do PIB, as exportacións de bens e servizos supoñen o 33%.
A estabilidade de prezos mantense nun período de tempo inusualmente prolongado, a balanza de pagos por conta corrente acusa superávit durante os 3 últimos anos e o ritmo de xeración de emprego acadou en 2016 o 2,9%, con 18,4 millóns de afiliados á Seguridade Social e unha taxa de desemprego do 18,6%, elevado, pero o inferior nos últimos sete anos (27,2% en 2013).
O desemprego, aínda lacerante e o emprego de insuficiente condición, seguen sendo dous enormes problemas da nosa sociedade, con tendencia a convertérense parcialmente en estruturais, dado o avance vertixinoso das innovacións tecnolóxicas.
A crise foi atenuada pola eclosión da figura laboral do autónomo. De quen, empresario de si mesmo, merece ser recoñecido, institucionalizado e protexido.
A cota de asociación de empresas ás mutuas sobre mercado é do 98,42% e a de traballadores protexidos do 96,25%, ata 13.365.627. Ningunha institución pode presentar tal grao de aceptación económico e social nin exemplo de colaboración público-privado.
A figura do autónomo non é residual, nin pasadía e pola súa propia natureza adoita ser exemplar. Contribúe, no terreo económico, suaviza as tensións sociais propias do desemprego, usa responsablemente os seus dereitos laborais e evita infinidade de sentimentos de fracaso persoal.
A recentísima lexislación, xuño 2017, recoñece os seus dereitos, facilita o seu nacemento e permanencia e mellora a súa xubilación, como recoñecemento á súa natureza e á necesidade da súa existencia.
En medio de todas estas circunstancias, o conxunto das Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social pode achegar os seguintes datos:
A cota de asociación de empresas ás mutuas sobre mercado é do 98,42% e a de traballadores protexidos do 96,25%, ata 13.365.627. Ningunha institución pode presentar tal grao de aceptación económico e social nin exemplo de colaboración público-privado.
A nosa mutua cunha estrutura de 1803 empregados e 137 centros de traballo conta co seguinte colectivo asociado:
E os seus datos económicos substanciais son:
Existe unha preocupación crecente no ámbito mutualistico polo custo do absentismo e a imposibilidade de reducilo pola acción das mutuas.
Os indicadores de absentismo por Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns (ITCC) en España acadaron en 2016 un total de 4.579.743 procesos cun incremento respecto de 2015 dun 16,40%, Mentres que a poboación protexida media medrou un 3,19%. O custo total foi de 75.875 M€, cun aumento do 23,62% respecto de 2015. Esta situación, amais de afectar a múltiples aspectos da economía e mesmo da cultura social, constitúe unha grave ameaza para o funcionamento e resultado da Seguridade Social e das súas mutuas colaboradoras, por non dispoñeren estas das atribucións e funcións para mellorala substancialmente.
Mutua Universal desenvolveu en 2016 unha intensa actividade institucional coa sinatura de 19 novos convenios de colaboración institucional, o desenvolvemento de 284 xornadas organizadas pola propia mutua e a participación en 54 xornadas externas.
Mutua Universal investiu 4,3 millóns de euros en melloras das instalacións e no desenvolvemento de novos servizos e terapias, modernizando a súa rede asistencial en Barcelona, Zaragoza, Granada, Macael (Almería) e Palencia.
O 19 de abril de 2017, a Audiencia Provincial de Barcelona, sección quinta e sen que caiba interposición de recurso ordinario algún, resolveu que o importe da fianza ao que puidese estar obrigada a Mutua “se determine previo requirimento e aboamento ou afianzamento de todo o importe polos responsables civís directos e responsables a título lucrativo, por falta de pagamento ou falta de afianzamento dos mesmos”.
Os efectos desta Resolución teñen un efecto favorable e decisivo para Mutua Universal.
Polo contrario, non podemos aínda dispoñer do desenvolvemento regulamentario da denominada Lei de Mutuas, de tanta importancia e que a propia Lei remite ao inexistente regulamento en vinte ocasións.
Non pode omitirse un capítulo de agradecementos que comprenda as empresas asociadas, os seus traballadores, os sacrificados e responsabilizados membros da Xunta Directiva, das Comisiones de Control e Seguimento e Prestacións Especiais, os empregados, o equipo directivo e o seu Director Xerente en especial.
Xa de portas para fóra, o Presidente e o Director Xerente de AMAT, loitadores incansables por todo o que afecta ao mutualismo.
E no ámbito ministerial a cantos nos axudan, ou axudaron con expresión da nosa lealdade e solicitude da súa asistencia.
Esta carta con agridoces aspectos, non pode concluírse sen sinaladas preocupacións, todas elas unidas ás sentidas pola propia España. Alguén dixo hai xa bastantes anos, e cada vez máis é compartido por min, que España era un perpetuo borrador inseguro. Agora parece confirmarse esta afirmación, que pode atinxir ao noso mutualismo. A unidade da Seguridade Social en todos os seus aspectos e no que nos afecta, chega a poñerse en dúbida. A obsesión polo público, que non é polo público senón polo político, esgrímese fronte ao mellor exemplo centenario de colaboración público-privado que representa o mutualismo. A exemplaridade e a eficiencia han de ser as nosas mellores armas de continuidade e de servizo.
A intelixencia e a obxectividade dos nosos gobernantes e dos aspirantes a selo, han de poñer o resto.
A todos moitas grazas,
Juan Echeverría Puig
Presidente de Mutua Universal
A crise foi atenuada pola eclosión da figura laboral do autónomo. De quen, empresario de si mesmo, merece ser recoñecido, institucionalizado e protexido. A figura do autónomo non é residual, nin pasadía e pola súa propia natureza adoita ser exemplar. Contribúe, no terreo económico, suaviza as tensións sociais propias do desemprego, usa responsablemente os seus dereitos laborais e evita infinidade de sentimentos de fracaso persoal.