VISIÓN DE FUTURO
A finais de 2020, ante a finalización do Plan Estratéxico 2018- 2020, Mutua Universal iniciou un proceso de reflexión estratéxica co obxectivo de trazar o camiño que debe seguir a Entidade no período 2021-2024.
O novo Plan Estratéxico 2021-2024 estrutúrase en base a catro grandes piares, que sitúan ás persoas no centro de tódalas actuacións.

Baixo o lema “A Mutua das persoas. Colaboramos innovando”, establece o obxectivo de humanizar a saúde e a dixitalización mediante servizos personalizados.

Esta visión afonda tamén na vocación de ser unha entidade colaboradora na xestión da saúde integral das empresas e traballadores protexidos, así como na sostibilidade do sistema.