Informe de Gestión y Memoria de Sostenibilidad 2020
Fitos e estratexia
Resposta efectiva
á crise sanitaria
Para facer fronte ao impacto da pandemia da COVID-19 na súa actividade, Mutua Universal desenvolveu ao longo de todo o exercicio 2020 un plan de continxencia propio con efecto en tódolos seus ámbitos de actuación.
Principios de actuación
- Responsabilidade. Atención a empresas e traballadores protexidos en centros asistenciais propios para evitar que sexan derivados ao Servizo Público de Saúde e contribuír a evitar a súa saturación.
- Proximidade. Seguimento e adaptación continua dos protocolos de actuación e á normativa das comunidades autónomas.
- Coordinación. Colaboración continua con entidades do sector e Administracións (Estado e Consellerías de Sanidade), compartindo políticas de actuación, instalacións sanitarias, persoal e aprovisionamento de material.
- Solidariedade. Apoio ao Servizo Público de Saúde, para poñer a disposición da Seguridade Social instalacións e equipos sanitarios en caso de insuficiencia ocasional ou saturación.
Os tres obxectivos concretos do plan de continxencia ante a pandemia foron protexer ao colectivo de traballadores de Mutua Universal, contribuír a evitar o colapso do Sistema e o risco de contaxio, e garantir a operativa sen interrupcións.
A PANDEMIA EN ESPAÑA (2020)
1.928.265
casos de contaxio
50.837
falecidos
4M
traballadores afectados por ERTE
1,4M
autónomos con prestación extraordinaria
Ir a apartado siguiente
Carta del Presidente
Tu opinión es importante
Esta Memoria Anual pretende ser un punto de apoyo para el diálogo, por lo que le pedimos nos muestre su Contribución sostenible opinión tanto en los aspectos formales de la Memoria como en las áreas donde podemos mejorar en materia de Responsabilidad Social Corporativa.
- © MUTUA UNIVERSAL 2020
- Aviso legal
- Política de privacidad