Informe de Gestión y Memoria de Sostenibilidad 2020
Fitos e estratexia
Finalización
do Plan Estratéxico 2018-2020
Mutua Universal pechou o desenvolvemento do seu Plan Estratéxico 2018-2020 cun cumprimento global do 84 %. Baixo o lema “Excelencia e Compromiso”, o plan definiu os principais eixos de progreso da Entidade nos últimos tres anos.
A fase final da implantación do plan estivo marcada pola situación creada pola pandemia, que obrigou a modificar algunhas das prioridades e a estender o desenvolvemento de diversos plans operativos a 2021.
As tres liñas estratéxicas do Plan Estratéxico 2018-2020 foron:
- Excelencia na atención e prestación de servizos aos asociados: focalización na prestación de servizos sanitarios, así como en tódalas prestacións e servizos da mutua que garantan unha atención de excelencia.
- Evolución da cultura corporativa: desenvolvemento do talento e impulso do liderado, reforzando o compromiso e o sentimento de pertenza.
- Transformación dixital: panca do cambio para a evolución de Mutua Universal.
Ao mesmo tempo, a Entidade realizou o proceso de reflexión para construír un novo Plan Estratéxico co que seguir a ser un referente no sector na etapa pospandemia.
As iniciativas previstas para 2020 adaptáronse á situación de crise sanitaria. Esta capacidade de adaptación permitiu cumprir coas liñas estratéxicas e, ao mesmo tempo, responder con efectividade ás urxencias da situación extraordinaria.
84%
de avance global (decembro 2020)
3
liñas estratéxicas
10
iniciativas
25
plans operativos
As accións vencelladas ao Plan Estratéxico 2018-20 aparecen sinaladas coa icona superior nas seguintes páxinas da memoria anual.
Ir a apartado siguiente
Carta del Presidente
Tu opinión es importante
Esta Memoria Anual pretende ser un punto de apoyo para el diálogo, por lo que le pedimos nos muestre su Contribución sostenible opinión tanto en los aspectos formales de la Memoria como en las áreas donde podemos mejorar en materia de Responsabilidad Social Corporativa.
- © MUTUA UNIVERSAL 2020
- Aviso legal
- Política de privacidad