Informe de Gestión y Memoria de Sostenibilidad 2020
A NOSA ACTUACIÓN EN 2020
Xestionamos
as necesidades dos profesionais máis afectados
A pandemia de coronavirus puxo tamén a proba a capacidade de adaptación de Mutua Universal na xestión das prestacións aos traballadores protexidos e, moi particularmente, ao colectivo de autónomos.
Prestacións extraordinarias a autónomos: implicación transversal de toda a Entidade
Os principais ámbitos de afectación das normativas extraordinarias aprobadas durante a pandemia foron a xestión da prestación de incapacidade temporal derivada da exposición á COVID-19 e, especialmente, a xestión das prestacións extraordinarias de cesación de actividade de traballadores autónomos (CATA). Esta demanda excepcional obrigou a desenvolver un plan integral de resposta con diversas liñas de actuación:
- Implicación de todo o equipo da Entidade.
- Robotización dos procesos de revisión da morosidade e pluriactividade.
- Novo sistema de xestión de solicitudes vía web.
- Canles de comunicación: desenvolvemento de materiais de comunicación destinados a explicar e facilitar o proceso de solicitude, así como a ofrecer información actualizada.
183.700solicitudes de profesionais autónomos para acceder á prestación extraordinaria por cesación de actividade
IMPORTES TOTAIS DE XESTIÓNS EXTRAORDINARIAS
123 M€
por incapacidade temporal a causa de exposición a COVID-19
436 M€
por axudas extraordinarias a autónomos (CATA)
ODS DE IMPACTO DIRECTO
Recoñecemento dos mutualistas no ano de maior exixencia.
O esforzo realizado polos profesionais de Mutua Universal para manter o nivel de calidade de servizo veuse recoñecido coa valoración máis elevada na serie histórica da “Enquisa de Calidade de Servizo”. As conclusións xerais sinalan unha mellora xeneralizada dos niveis de servizo por parte de tódolos colectivos; especialmente, entre autónomos e delegados.
1.919
enquisas realizadas
8,53
valoración global
8,50
grandes contas
RÉCORD HISTÓRICO
7,96
autónomos
8,73
asesores
7,87
PEMES
Ir a apartado siguiente
Carta del Presidente
Tu opinión es importante
Esta Memoria Anual pretende ser un punto de apoyo para el diálogo, por lo que le pedimos nos muestre su Contribución sostenible opinión tanto en los aspectos formales de la Memoria como en las áreas donde podemos mejorar en materia de Responsabilidad Social Corporativa.
- © MUTUA UNIVERSAL 2020
- Aviso legal
- Política de privacidad