Informe de Gestión y Memoria de Sostenibilidad 2020
A NOSA ACTUACIÓN EN 2020
Impulsamos
o desenvolvemento persoal e profesional dos nosos empregados
O desenvolvemento persoal e profesional dos empregados é un dos motores de crecemento de Mutua Universal. A profesionalidade dos equipos levou a que a Entidade sexa considerada unha mutua de referencia en calidade e capacidade de servizo.
Máxima prioridade: a protección da saúde e seguridade dos profesionais da Entidade
Dende a declaración do estado de alarma e ao longo do exercicio, Mutua Universal aplicou tódalas medidas necesarias para garantir a protección dos seus profesionais ante o risco de contaxio.
Mutua Universal aplicou, de xeito inmediato, a modalidade de teletraballo a todo o persoal considerado non esencial. Só se mantivo a actividade presencial nos servizos esenciais dos centros asistenciais, en calidade de servizos mínimos.
Na volta progresiva dos profesionais asistenciais aos centros aplicáronse medidas preventivas, difundíronse fichas informativas sobre as medidas a seguir e realizáronse sesións específicas de formación. Tamén se activou o servizo de axuda psicolóxica para os traballadores que o necesiten e desenvolveuse unha aplicación con recursos para a saúde emocional.
1.883empregados comprometidos co propósito de Mutua Universal de ser socialmente responsable e contribuír á sostibilidade do estado de benestar
EQUIPO HUMANO
1.883
empregados
47,02
anos de media de idade
15,09
anos de antigüidade media
82%
profesionais con titulación superior
27
nacionalidades
35
empregados con discapacidade recoñecida
97%
contratos indefinidos
72%
a tempo completo
ODS DE IMPACTO DIRECTO
Saúde e benestar en tempos de coronavirus
A carta edición da Semana da Saúde, desenvolvida no marco do Programa de Saúde Corporativa + Saúde + Vida, tamén se centrou na saúde e o benestar en tempos da COVID-19 (consellos sobre alimentación saudable, técnicas de relaxación, clases de iniciación ao pilates ou materiais sobre benestar emocional).
2.387
visitas únicas á web + saúde + vida
2.250
visitas únicas a vídeos da Semana da Saúde
PROGRAMAS DE FORMACIÓN
585
cursos
9.831
participantes
40.238
horas
91%
horas de formación a distancia
8,9
satisfacción e eficacia (sobre 10)
Adaptación de contidos de formación na Universidade Corporativa
A actividade da Universidade Corporativa tamén se viu afectada pola pandemia: suspendeuse toda a actividade presencial e adaptáronse parte dos contidos previstos para ofrecer coñecemento especializado sobre as novas ferramentas e servizos desenvolvidos pola Entidade.
Ir a apartado siguiente
Carta del Presidente
Tu opinión es importante
Esta Memoria Anual pretende ser un punto de apoyo para el diálogo, por lo que le pedimos nos muestre su Contribución sostenible opinión tanto en los aspectos formales de la Memoria como en las áreas donde podemos mejorar en materia de Responsabilidad Social Corporativa.
- © MUTUA UNIVERSAL 2020
- Aviso legal
- Política de privacidad