Informe de Gestión y Memoria de Sostenibilidad 2020
A NOSA ACTUACIÓN EN 2020
Contribuímos
a un desenvolvemento sostible
En 2020 finalizou o Plan Director de RSC 2018-2020: “RSC 4.0: Traballando polo noso propósito”, que marcou as liñas estratéxicas de Mutua Universal en xestión da responsabilidade social corporativa e a sostibilidade.
Compromiso en RSC e sostibilidade
As principais accións de Mutua Universal relativas á xestión da Responsabilidade Social Corporativa e a Sostibilidade enmárcanse nos seguintes compromisos:
- Compromiso co benestar das persoas e a promoción de contornos de traballo máis saudables e seguros.
- Compromiso coa ética, o bo goberno corporativo e a transparencia, reforzando a participación e o diálogo cos grupos de interese para dar resposta as súas expectativas e necesidades.
- Compromiso coa sociedade e o estado do benestar mediante accións de valor responsable.
A través da atención sanitaria, a xestión de prestacións, o fomento dunha cultura preventiva ou do apoio á reinserción sociolaboral, Mutua Universal contribúe de xeito significativo á saúde e o benestar dos traballadores, facendo máis competitivas ás empresas y ao país.
24campañas e iniciativas sociais, de medio ambientes, solidarias e de saúde durante o exercicio 2020 con impacto na RSC
Compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). No desenvolvemento das súas funcións, Mutua Universal contribúe activamente á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
ODS DE IMPACTO DIRECTO
Accións e programas con impacto positivo na sociedade
O compromiso social de Mutua Universal esténdese moito máis aló da prestación excelente dos seus servizos. A Entidade ofrece unha atención especial aos traballadores protexidos que sufriran accidentes de gravidade mediante o Servizo de Traballo Social e conta tamén cun programa de voluntariado corporativo.
Compromiso co medio ambiente: redución do consumo enerxético
O respecto polo medio ambiente é un compromiso transversal en tódalas actividades de Mutua Universal, que se expresa tanto no desenvolvemento de servizos que permiten a redución da pegada ambiental –no caso da Teleconsulta e outras modalidades de Telemedicina– coma na aplicación constante de melloras da eficiencia enerxética nos seus centros.
CONSUMO AUGA
15.915 m3
CONSUMO DE ELECTRICIDADE
5.526.161kWh
-15%
respecto a 2019
Emisións de electricidade
1.492 tCO2
CONSUMO DE GAS NATURAL
276.965kWh
-1%
respecto a 2019
EMISIÓNS GAS NATURAL
49 tCO2
EMISIÓNS TOTAIS
1.541 tCO 2
-15%
respecto a 2019
Ir a apartado siguiente
Carta del Presidente
Tu opinión es importante
Esta Memoria Anual pretende ser un punto de apoyo para el diálogo, por lo que le pedimos nos muestre su Contribución sostenible opinión tanto en los aspectos formales de la Memoria como en las áreas donde podemos mejorar en materia de Responsabilidad Social Corporativa.
- © MUTUA UNIVERSAL 2020
- Aviso legal
- Política de privacidad