Informe de Gestión y Memoria de Sostenibilidad 2020
A NOSA ACTUACIÓN EN 2020
Anticipamos
as necesidades de futuro
A transformación dixital é un dos piares clave da estratexia de crecemento de Mutua Universal como motor de desenvolvemento de novos servizos e da mellora continua da atención a empresas asociadas e traballadores protexidos.
Aceleración da axenda dixital
A unidade encargada de impulsar a axenda dixital de acordo coa estratexia de Mutua Universal é a Oficina de Transformación Dixital. As accións desenvolvidas en 2020 para atender ás novas necesidades xurdidas durante a pandemia amosan o carácter transversal e multidisciplinar da súa actuación.
- Adecuación de plataformas e servizos para a xestión das prestacións extraordinarias para autónomos.
- Lanzamento do servizo de Teleconsulta.
- Adaptación dos sistemas informáticos para incluír a información extraordinaria relativa aos procesos COVID-19.
- Desenvolvemento de solucións colaborativas (Teams e Zoom) para manter a comunicación remota entre os traballadores da Entidade.
- Continuidade no desenvolvemento do proxecto Lince de intelixencia artificial.
- Evolución da oficina dixital mediante a notificación electrónica e o servizo de certificado dixital.
- Dixitalización e mellora dos procesos de compras sanitarias.
91.000presolicitudes de prestacións para autónomos xestionadas mediante procesos de automatización RPA
Aplicación da realidade virtual á xestión do estrés. En 2020 realizouse unha proba de concepto, cuxos resultados permitiran deseñar e desenvolver dúas experiencias baseadas en contornos virtuais.
ODS DE IMPACTO DIRECTO
Aposta pola intelixencia artificial para a mellora continua do servizo
Un dos obxectivos do Plan Estratéxico 2018-20 xa implantado é a introdución da intelixencia artificial e a análise predictiva para optimizar a xestión das continxencias. Esta aposta permite obter coñecemento propio para aplicar estas tecnoloxías á mellora doutros servizos e situar a Mutua Universal como unha entidade orientada ao dato.
“Tecnoloxías como a intelixencia artificial ou a machine learning axudan aos profesionais médicos na toma de decisións para que poidan focalizarse na interacción persoal co paciente”.
Alfonso Valencia, director do Departamento de Ciencias da Vida do Centro de Supercomputación de Barcelona e director do Instituto Nacional de Bioinformática.
Convocatoria dos VI Premios Innovación e Saúde
A intelixencia artificial foi tamén a protagonista no evento de convocatoria da sexta edición dos Premios Innovación e Saúde, realizada de forma virtual no mes de novembro. O acto incluíu un relatorio do Dr. Alfonso Valencia sobre a medicina do futuro en tempos da COVID-19.
As medidas de distanciamento social obrigaron a suspender o acto de entrega de premios aos ganadores da quinta edición, previsto inicialmente para o mes de marzo de 2021.
Ir a apartado siguiente
Carta del Presidente
Tu opinión es importante
Esta Memoria Anual pretende ser un punto de apoyo para el diálogo, por lo que le pedimos nos muestre su Contribución sostenible opinión tanto en los aspectos formales de la Memoria como en las áreas donde podemos mejorar en materia de Responsabilidad Social Corporativa.
- © MUTUA UNIVERSAL 2020
- Aviso legal
- Política de privacidad