Aliñar o obxectivo empresarial co obxectivo de que as persoas da organización e do seu contorno vivan mellor e máis tempo é posible, e produce resultados prácticos e positivos tanto para a empresa como para o empregado, incluso tras a súa xubilación. Existen metodoloxías concretas para o cambio de hábitos de saúde e todas pasan pola información e polo coñecemento por parte do individuo.
Xerar –e manter– esta sorte de círculo virtuoso é viable se se procede con orde, decisión e constancia. Trátase dunha iniciativa de carácter estratéxico que debería estar apoiada desde as maiores instancias da empresa. Cando finalmente se implanta, a organización adquire outra personalidade: estédese o orgullo de pertenza interno e, a través das persoas, proxéctase unha reputación distintiva. Son empresas admiradas e que, en bastantes ocasións, Mutua Universal puido axudar.
Pensando no futuro, non podo deixar de referirme á chamada “dixitalización”, que xa está afectando a numerosos sectores da economía e da sociedade, modificando a forma en que compramos, nos informamos, nos relacionamos e nos curamos. Fálase de que a disrupción da cadea de valor supuxo, en moitos casos, a quebra de sectores enteiros; contodo, tamén é motor de xeración de emprego e algúns expertos apuntan que nos próximos cinco anos pode medrar máis dun millón de postos de traballo cualificados en España.
O que parece certo é que a transformación dixital da economía e da sociedade está apenas nos seus inicios e que unha organización como a nosa, que dá cobertura a case o 10% dos traballadores por conta allea e autónomos do Estado, deberá dedicar unha parte significativa do seu esforzo a identificar os novos usos que permite a tecnoloxía aplicada.
A xestión dos grandes números (Big Data) en tempo real está mellorando a calidade dos servizos e multiplicando as opcións para os usuarios e clientes de cada vez máis sectores e o noso, o da saúde dos traballadores, non será unha excepción. En Mutua Universal xa estamos traballando para encontrar solucións verdadeiramente disruptivas que van un paso alén das tecnoloxías da información, un ámbito no que fomos pioneiros no noso país en varias ocasións.
Agradecer unha vez máis a todos e a cada un dos 1.346.469 traballadores protexidos e adheridos, ás 160.220 empresas que confiaron en nós en 2016, así como aos 1.803 traballadores de Mutua Universal que, co indispensable apoio e supervisión do seu Presidente e Xunta Directiva, puideron completar un ano de claro progreso en todos os aspectos.
Non me gustaría despedirme sen mencionar o compromiso inequívoco de Mutua Universal coa xestión ética, a transparencia e o bo goberno: a nosa forma de facer para contribuír á sustentabilidade do Estado do Benestar e crear así valor para a Sociedade.
Cordialmente,
Juan Güell Ubillos
Director Xerente de Mutua Universal