Publicado el: 05/07/2017
Gerente

 

 

"En Mutua Universal concentrámonos en instruír mellores sistemas, focalizar esforzos e destinar os investimentos necesarios para seguir achegando cada vez máis valor a empresas e traballadores."

 

 

Juan Güell Ubillos
Director Xerente de Mutua Universal

Publicado el: 02/05/2017

Durante o ano pasado a economía española continuou a experimentar un crecemento do 3,2% do PIB e, por segundo exercicio consecutivo, volveu a destacar sobre os países do noso contorno europeo. Os bos datos de actividade económica reflíctense na evolución do mercado laboral, que rexistrou un aumento do emprego dun 2,9%, ata acadar os 18,4 millóns de afiliados á Seguridade Social. Lográronse crear máis de 400.000 empregos, aínda que a taxa de desemprego sexa aínda moi alta.

A creación de empresas tamén continuúa a experimentar un crecemento –tanto en pemes como na grande empresa– e enxérgase un novo tecido empresarial, o dos autónomos. Malia que a industria recupere niveis de competitividade moi altos en sectores como a automoción, a terciarización da nosa economía parece imparable e o sector turístico, que mantén o seu bo momento, continúa a crear emprego. Pola súa parte, o sector da construción, tan intensivo en man de obra, está moi lonxe de volver aos seus mellores tempos.

Nun marco temporal máis amplo, salientan tres tendenciais de carácter estrutural e crecente:

  • O absentismo disparouse ata niveis practicamente insostibles. Un recente estudo de AMAT apunta elocuentes: España ten unha das taxas de absentismo laboral máis altas do mundo, agudizándose durante 2015 ata chegar ao 4,7%.
  • A proxección da poboación española do INE sitúa ao noso país cun millón menos de habitantes en 2029 (45,4 millóns) e cun 24% da poboación con idades comprendidas entre 50 e 60 anos.
  • E, a crise económica, que sacudiu as economías europeas desde o ano 2008, puxo en perigo o mantemento dun Estado de Benestar que segue xerando déficit; é dicir, endebedándose.

Unha década despois do estalido da crise, o mercado laboral resultante da incipiente recuperación é diferente. Tal e como indican as sucesivas enquisas de poboación activa, o total de poboación activa decrece –100.000 persoas menos buscaban traballo no último trimestre de 2016 e 650.000 nos últimos catro anos–, a taxa de actividade feminina ascendeu ao 53,6%, o groso da forza laboral envellece e os autónomos seguen aumentando –case 25.000 persoas iniciaron actividade por conta propia en 2016– xerando cada vez máis emprego para os asalariados das súas empresas.

Nese sentido, a contribución das Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social continúa a ser significativa para que se poidan manter servizos públicos que os cidadáns españois consideramos irrenunciables. Hoxe, as mutuas contribuímos de forma decisiva a que 14 millóns de traballadores asalariados e autónomos teñan garantidas as prestacións sanitarias e económicas que a lexislación actual nos outorga.

Atentos á rapidez con que está mudando o contorno, en Mutua Universal  concentrámonos en instruír mellores sistemas, focalizar esforzos e destinar os investimentos necesarios para seguir achegando cada vez máis valor a empresas e traballadores. Como poderán comprobar na lectura desta memoria, este último ano fixemos, entre outros, progresos significativos en tres ámbitos:

  • Resposta eficaz á maior actividade asistencial cun plan de investimentos que permitiu a posta ao día das instalacións con novas tecnoloxías e servizos.
  • Programas integrais para reducir o absentismo e promover a empresa segura e saudable.
  • Un novo modelo de xestión da Reserva de Asistencia Social de Mutua, baseado nunha atención inmediata e eficaz das principais necesidades que presentan os traballadores accidentados e as súas familias.
Publicado el: 02/05/2017

A contribución das Mutuas colaboradoras coa Seguridade Social continúa a ser significativa para que se poidan manter servizos públicos que os cidadáns españois consideramos irrenunciables.

Publicado el: 12/07/2017

Aliñar o obxectivo empresarial co obxectivo de que as persoas da organización e do seu contorno vivan mellor e máis tempo é posible, e produce resultados prácticos e positivos tanto para a empresa como para o empregado, incluso tras a súa xubilación. Existen metodoloxías concretas para o cambio de hábitos de saúde e todas pasan pola información e polo coñecemento por parte do individuo.

Xerar –e manter– esta sorte de círculo virtuoso é viable se se procede con orde, decisión e constancia. Trátase dunha iniciativa de carácter estratéxico que debería estar apoiada desde as maiores instancias da empresa. Cando finalmente se implanta, a organización adquire outra personalidade: estédese o orgullo de pertenza interno e, a través das persoas, proxéctase unha reputación distintiva. Son empresas admiradas e que, en bastantes ocasións, Mutua Universal puido axudar.

Pensando no futuro, non podo deixar de referirme á chamada “dixitalización”, que xa está afectando a numerosos sectores da economía e da sociedade, modificando a forma en que compramos, nos informamos, nos relacionamos e nos curamos. Fálase  de que a disrupción da cadea de valor supuxo, en moitos casos, a quebra de sectores enteiros; contodo, tamén é motor de xeración de emprego e algúns expertos apuntan que nos próximos cinco anos pode medrar máis dun millón de postos de traballo cualificados en España.

O que parece certo é que a transformación dixital da economía e da sociedade está apenas nos seus inicios e que unha organización como a nosa, que dá cobertura a case o 10% dos traballadores por conta allea e autónomos do Estado, deberá dedicar unha parte significativa do seu esforzo a identificar os novos usos que permite a tecnoloxía aplicada.

A xestión dos grandes números (Big Data) en tempo real está mellorando a calidade dos servizos e multiplicando as opcións para os usuarios e clientes de cada vez máis sectores e o noso, o da saúde dos traballadores, non será unha excepción. En Mutua Universal xa estamos traballando para encontrar solucións verdadeiramente disruptivas que van un paso alén das tecnoloxías da información, un ámbito no que fomos pioneiros no noso país en varias ocasións.

Agradecer unha vez máis a todos e a cada un dos 1.346.469 traballadores protexidos e adheridos, ás 160.220 empresas que confiaron en nós en 2016, así como aos 1.803 traballadores de Mutua Universal que, co indispensable apoio e supervisión do seu Presidente e Xunta Directiva, puideron completar un ano de claro progreso en todos os aspectos.

Non me gustaría despedirme sen mencionar o compromiso inequívoco de Mutua Universal coa xestión ética, a transparencia e o bo goberno: a nosa forma de facer para contribuír á sustentabilidade do Estado do Benestar e crear así valor para a Sociedade.

Cordialmente,

Juan Güell Ubillos
Director Xerente de Mutua Universal 

Publicado el: 12/07/2017

Mencionar o compromiso inequívoco de Mutua Universal coa xestión ética, a transparencia e o bo goberno: a nosa forma de facer para contribuír á sustentabilidade do Estado do Benestar e crear así valor para a Sociedade.