COMPROMISO SOCIAL

As axudas sociais concedidas dan resposta a diferentes situacións de necesidade que afectan tanto ao traballador como á familia despois de ter sufrido un accidente laboral ou padecer unha doenza profesional. A súa concesión pon en relevo a función social das mutuas na sociedade.

Ampliación do catálogo de Axudas Sociais

Ampliación de bolsas de estudo destinadas á formación de fillos de familias en situación de incapacidade.

Axuda especial por situación de pobreza enerxética.

Axuda especial a traballadores autónomos para evitar o peche do negocio.

5.690

axudas concedidas

Formación do coidador principal a domicilio en situacións de dependencia

2.072.546

euros destinados

+3,95% respecto de 2015

Programa de reinserción laboral

Programa xestionado polo equipo de Traballo Social, dirixido aos traballadores que por accidente laboral ou doenza profesional non poden desempeñar a súa actividade laboral ou perderon o seu emprego no proceso de recuperación.

33,12% dos adscritos ao programa accederon a un emprego en 2016

Presenza e notoriedade social

284

xornadas e eventos organizados por Mutua Universal

54

participacións en congresos e foros

11

recoñecementos

Segunda edición dos Premios Innovación e Saúde

A innovación é un dos piares de Mutua Universal para o avance constante cara á excelencia. Os Premios Innovación e Saúde teñen como finalidade espallar a cultura da innovación ás empresas asociadas, recoñecendo prácticas innovadoras na promoción da saúde dos seus traballadores.

+INFO

Publicado el: 18/04/2017

Vídeo resumo II edición

Coñece as empresas asociadas gañadoras da II Edición dos Premios Innovación e Saúde de Mutua Universal.