Na pasada edición da memoria anual xa anticipábamos que o exercicio de 2015 podería resultar excepcional por dous factores que necesariamente condicionarían a nosa actividade como mutua colaboradora coa Seguridade Social. Efectivamente, a entrada en vigor da Lei 35/2014, de 26 de decembro, coñecida como “Lei de Mutuas”, e a recuperación da economía española resultaron determinantes para o desempeño da nosa organización, que soubo responder con solvencia ambos os desafíos.
A Lei de Mutuas supuxo mudanzas importantes que afectan non só á nosa maneira de relacionarnos coas empresas senón tamén á forma e ao modo en que debemos xestionar as prestacións sanitarias e económicas. A estas novas regras de xogo soubemos adaptarnos con celeridade e eficacia: aumentando a nosa actividade asistencial; consolidando un modelo de asesoramento activo ás empresas, a través de equipos con perfís altamente cualificados e capaces de achegar valor; e incrementando a eficiencia dos nosos equipos administrativos.
Conscientes da necesidade de asumir estes novos retos, apoiámonos na tecnoloxía máis avanzada para a xestión de datos e comunicación a distancia, entrando plenamente no mundo da dixitalización con resultados moi positivos. A extensión da Clínica Online a soportes móbiles como tabletas é un exemplo concreto das posibilidades que nos ofrece a era dixital na cal xa nos estamos desenvolvendo.
Coidamos que esta capacidade de adaptación e vocación de servizo, demostrada de novo en 2015, permitiunos manter a confianza das nosas empresas asociadas e traballadores protexidos. A todos eles quero manifestar o meu máis sincero agradecemento.
Por outra parte, grazas a unha rápida adaptación da nosa estrutura organizativa, recursos e procesos, fomos quen de, adecuándonos á nova normativa, atender con plenas garantías o incremento de traballadores protexidos, que o ano pasado se situaron por cima de 1.300.000. Todo iso, desde o máis estrito cumprimento da lexislación como acreditan, un ano máis, os resultados das auditorías tanto de patrimonio histórico como de xestión realizadas pola Intervención Xeral da Seguridade Social (IGSS).
Mutua Universal, reafirmando o seu compromiso cun modelo de colaboración público-privada, colaborou máis un ano á sustentabilidade do Estado do Benestar, tanto co seu resultado como coa súa maneira de facer, respectuosa e fiel ao legado dunha historia centenaria.